O REINADO DE ALFONSO XIII
As dificultades do reinado
1.- Historiográficamente e tamén polos actores históricos dous décadas máis tarde, as dificultades do reinado de Alfonso XIII sitúanse no inicio do s.XX, tralo desastre do 98 (perda das colonias) e o esgotamento do sistema da Restauración, que identificamos: 1) coa dinastía francesa dos Borbóns; 2) coa Constitución de 1876; 3) as dous son correctas.
2.- A perda das últimas colonias do imperio español provocou a crise do nacionalismo centralista do Estado e como consecuencia a emerxencia dos nacionalismos periféricos. Fronte aos nacionalismos vasco e galego, menos desenvolvimos, salienta o nacionalismo catalán, que obtivo como froito das súas presións ao goberno en 1913 a: 1) mancomunidade; 2) autonomía; 3) soberanía.
3.- Outro dos grandes problemas que tiveron que afrontar os gobernos da Restauración durante o reinado de Alfonso XIII foi a guerra de Marrocos. A influencia sobre a rexión foi unha proposta francesa aceptada pola Monarquía española en 1906 na Conferencia de: 1) Alxeria; 2) Algeciras; 3) Marsella.
O fracaso dos partidos institucionais.
4.- O maior problema da Restauración derivaba dun bipartidismo (partido conservador e partido liberal) incapaz de dar resposta aos problemas sociais, por canto as súas diferencias non cuestionaban a estructura social burguesa. A comezos do s.XX existía a convicción da necesidade de cambios e a palabra clave era: 1) rexeneración; 2) reforma; 3) revolución.
Un rexeneracionismo moderado e insuficiente.
5.- A versión rexeneracionista de Antonio Maura (1907-09), se concretou nunha lei electoral contra o caciquismo e na creación de organismos para o desenvolvemento e a modernización económica, que foron publicitadas como unha: 1) “revolución desde arriba”; 2) “revolución desde abaixo”; 3) “reforma desde a base”.
6.- O embarque de tropas a Marrocos movilizou as organizacións obreiras e desendecanou unha violenta represión (Semana Tráxica, 1909) que forzaría a dimisión do goberno conservador de Maura. Tampouco lograría reduci-las tensións o posterior goberno liberal de: 1) Canalejas; 2) Dato; 3) Romanones.
A crise do sistema.
7.- Aínda que España permaneceu neutral durante a I Guerra Mundial as tensións medraron (cfr., folga xeral de 1917) co aumento dos prezos, coas reinvindicacións catalanistas e das xuntas militares. A crise do sistema da Restauración conduciu inevitablemente á Dictadura: 1) tralo revés militar en Marrocos; 2) trala derrota de Annual; 3) as dous son correctas.
A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA.
O cirurxián de ferro.
8.- Un estado de opinión favorable á orde e á seguridade levou a Miguel Primo de Rivera a suspender a Constitución de 1876 e a asumir o papel de cirurxián de ferro en expresión do rexeneracionista Joaquín Costa. Alfonso XIII aceptou o golpe de Estado ao mandarlle formar goberno. Era o ano: 1) 1921; 2) 1923; 3) 1925.
A paréntese constitucional.
9.- O primeiro goberno de Primo de Rivera, só de militares, o chamado Directorio Militar, afrontou a cuestión de orde pública (represión do anarquismo) e a guerra de Marrocos á que puso fin: 1) co Desembarco de Alhucemas, 1925; 2) coa toma de Xauén; 3) co apoio da flota inglesa.
10.- O apoio popular contrastou co rexeitamento dos intelectuais (Unamuno e Ortega y Gasset). Para acabar coas críticas formou un goberno con civís, o Directorio Civil. O reforzamento do réxime a través da Unión Patriótica foi incapaz de contrarrestar unha progresiva oposición: 1) dos nacionalistas; 2) dos partidos obreiros; 3) do propio Exército.
O final da Ditadura.
11.- Trala dimisión (xaneiro de 1930) del Dictador. Alfonso XIII encargou ao Xeneral Berenguer a volta á normalidade constitucional (“dictabranda”); mais a monarquía desprestixiada amosarase inviable e perderá o 12 de abril de 1931: 1) unhas eleccións municipais; 2) unhas elección legislativas; 3) un referendun pola forma de Estado.
A SEGUNDA REPÚBLICA
Unha auténtica ruptura.
12.- O 14 de abril de 1931 Alfonso XIII abandonou España e pacífica e esperanzadamente proclamouse a República. España adquirirá características propias da modernidade: sufraxio feminino, separación Igrexa-Estado y partidos de masas. Os cambios producíanse nunha sociedade: 1) maioritariamente rural; 2) moi contrastada nos grupos sociais; 3) as dous son correctas.
As primeiras medidas do Goberno provisional.
13.- Un goberno provisional moi heteroxéneo no que estaban representados republicanos como Alcalá-Zamora, Lerroux e Azaña e socialistas como Largo Caballero e Indalecio Prieto, tivo que afrontar “o problema catalán” (proclamación de independencia pola ERC de Maciá) aprazado á concesión no marco da Constitución da: 1) mancomunidade; 2) autonomía; 3) soberanía.
14.- As accións violentas contra a Igrexa provocaron desconfianza nas autoridades por parte dos católicos moderados. Entre as medidas do Goberno Provisional, xunto a convocatoria das Cortes constituíntes (xuño) están: 1) a reforma do Exército; 2) decretos laborais e a creación de escolas contra o analfabetismo; 3) todas.
A organización da República
15.- As elección de xuño deron maioría aos socialistas e aos republicáns de ezquerda manténdose o mesmo Goberno provisional. A Constitución foi aprobada en decembro de 1931. España era definida como unha: 1) República democrática de traballadores de todas as clases; 2) República Socialista; 3) República Popular.
16.- Algúns artigos da Constitución eran unha declaración de principios para futuras reformas (dereito de propiedade privada limitado aos intereses do Estado ou o que recoñecía a necesidade dunha reforma agraria). Polo que se refire ás reducidas competencias do Presidente da República, controladas polas Cortes, estaba a: 1) Xefatura dos Exércitos; 2) designación do Xefe de Goberno; 3) formación do Goberno.
AS ETAPAS POLÍTICAS DA REPÚBLICA.
As reformas da esquerda (1931-33)
17.- Aprobada a Constitución, as Cortes elixiron a Alcalá Zamora como Presidente da República e a Manuel Azaña como Xefe de Goberno. A reforma do Estado centralista prevía a posibilidade de aprobar estatutos de Autonomía. O de Cataluña aprobouse en septembro de: 1) 1932; 2) 1936; 3) 1938.(Sociedade de nacións)
18.- Mentras a reforma do Exército pretendía un corpo eficaz e moderno e reduci-lo seu tamaño (paso á reserva, peche da Academia militar, supresión de ascensos por méritos de guerra, etc.), a reforma agraria pretendía, sen chegar a consegui-lo, terminar co atraso da agricultura, aumenta-la extensión de terras cultivadas e a producción. A axencia responsable de leva-la adiante era: 1) o IRA; 2) o IRYDA; 3) o INC.
19.- A política relixiosa pretendía recorta-la influencia da Igrexa católica na sociedade a través dunha lexislación laicista segundo o modelo da República francesa, que tivo como leis máis relevantes: 1) a disolución da Compañía de Xesús; 2) a Lei de Congregacións Relixiosas prohibindo ás ordes relixiosas exerce-lo ensino; 3) as dous son correctas.
As manifestacións de descontento.
20.- As reformas non resolveron os problemas e a decepción pola reforma agraria provocou revolucións libertarias cruelmente reprimidas (cfr., xaneiro 1933, Casas Viejas en Cádiz). Tampouco prosperou o golpe de Estado do xeneral Sanjurjo en 1932; mais, se a ezquerda se desgastaba a dereita se organizaba na: 1) CEDA; 2) CECA; 3) FDAE.
O Bienio Conservador (1933-35).
21.- Trala dimisión de Azaña, as eleccións de novembro de 1933 deron a victoria á dereita de Gil Robles e ao partido Radical. O Goberno Lerroux, limitouse a frear as actuacións do bienio anterior e as posturas políticas radicalizáronse. Xa en outubro de 1933 José Antonio fundara: 1) Falanxe Española; 2) Xuntas de Defensa Hispánica; 3) Xuntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista.
22.- A tensión culminou na Revolución de 1934 (pola concesión de ministerios para a CEDA). UXT convocou unha folga xeral e Companys, proclamou a independencia de Cataluña. A iniciativa de Companys foi sufocada fácilmente, mais o control obreiro de Asturias precisou a mobilización: 1) dos corpos policiais autonómicos 2) do Exército de Terra; 3) do Exército de Marrocos.
Cara á guerra.
23.- Alcalá Zamora ante o desacordo Goberno e Cortes convocou novas eleccións que en febreiro de 1936 gañaron as ezquerdas da Fronte Popular. O novo Goberno retomou as reformas confiando na maioría das Cortes. Mentras a violencia entre os extremismos era cada vez mayor, parte do Exército preparaba un golpe de Estado baixo a dirección de: 1) Sanjurjo; 2) Mola; 3) Franco.
A GUERRA CIVIL
Un pronunciamento fracasado.
24.- Mentras oficiais do Exército consideraban, ante a desorde, necesario asumir o poder, Azaña, novo Presidente da República (abril 1936), afastaba de Madrid aos sospeitosos de conspiraren (Goded, Mola, Franco). Sen embargo, o día 17 de xullo sublevouse o Exército de Marrocos e o 18 no resto da península. Fracasaron en Madrid e Barcelona pola: 1) entrega de armas do Goberno ás organizacións obreiras; 2) resistencia anarco-sindicalista; 3) as dous, respectivamente.
Os recursos dos dous bandos.
25.- O bando republicano tivo que superar unha crise de goberno (Giral por Casares Quiroga); non obstante, controlaban as cidades e as industrias e contaban cos apoios de Francia, Inglaterra, de México e da URSS. O bando nacional coa parte do Exército mellor preparada, dominaba cuncas mineiras e cerealistas e contou co apoio de: 1) Italia; 2) Alemaña; 3) as dous máis Portugal.
26.- Dende o inicio da G.C. unha parte da nación apoiou aos sublevados. En outubro de 1936, Franco foi proclamado: 1) Xeneralísimo 2) Xeneralísimo e Xefe do Estado; 3) Xeneralísimo e Xefe de Estado como Caudillo de España.
O desenvolvemento da guerra.
27.- O alzamento triunfou rápidamente en Navarra, Canarias e Marrocos, desde onde se transportaron tropas a Andalucía. Nunha 1ª fase da contenda (agosto do 36 a marzo do 37) o obxetivo dos sublevados era a capital e sé de Goberno. Fracasado o asalto de Madrid Franco tentou rodeala, mais os republicanos impedírono: 1) en Jarama e Guadalajara; 2) en Brunete e Belchite; 3) na batalla do Ebro.
28.- Nunha 2ª fase (marzo do 37 a xuño do 38) Franco decidiu acabar coa fronte norte (Asturias-País Vasco) que se afundiu en outubro de 1837. As batallas de distracción do Goberno republicano fracasaron. En abril de 1938 as tropas de Franco: 1) tomaron Castellón; 2) aillaron a Cataluña; 3) as dous son correctas.
29.- Na terceira fase (xullo do 38 a abril do 39) tivo lugar a decisiva batalla do Ebro que permiteu a Franco en febreiro de 1939 a ocupación sen resistencia de Cataluña e a finais de marzo a toma de: 1) Madrid; 2) Valencia; 3) Cartagena.
30.- O saldo da guerra alcanza ós 600.000 mortos e a emigración forzada doutras 300.000 persoas. Débese insistir en que a loita iniciada en xullo do 36 non foi só un enfrontamento militar. Na zona nacional fíxose unha represión sistemática de tódalas forzas opositoras. Na zona republicana a desintegración das institucións provocou actuacións ioncontroladas como: 1) as matanzas do cárcere Modelo e de Paracuellos; 2) a persecución física de todo relixioso; 3)as dous son correctas.